jueves, 7 de abril de 2016

EMPEZAMOS DE NOVO


En xullo de 2010 empecei a publicar un blog sobre a figura de Francisco Asorey, daquela non había casi nada sobre o autor na rede. Tres anos despois pechei o blog. Hoxe decidínme a reabrilo de novo. Será un blog de escultura en xeral. Porén esta primeira entrada desta nova etapa irá dedicada a Asorey.


UNHA PLACA DE BRONCE EN VILAGARCÍA DE AROUSA

Un artigo de prensa púxome sobre a pista da existencia dunha placa ou lápida en bronce nunha praza de Vilagarcía que podía ser de Asorey.


Francisco Asorey, lápida dedicada a Martín Gómez Abal, bronce, Vilagarcía de Arousa, 1926. Fotos: Maribel Iglesias

O xornal El Pueblo Gallego do 19-10-1926, pax. 12 escribe: EL HOMENAJE DEL DOMINGO:

"El descubrimeinto de la placa de bronce, obra de Asorey, que da desde el domingo el nombre de don Martín Gómez Abal, a una de las calles de Vilagarcía, constituyó un acto muy solemne, en el que participaron los ex-alumnos del viejo maestro, las autoridades y numeroso público.
En dicho acto pronunciaron elocuentes discursos don Ramón García Lago y don Antonio S. Caamaño, ex-alumnos del señor Gómez Abal; leyendo unas cuartillas el director del Colegio León XIII señor Núñez Bua. Cerró los discursos el alcalde don Enrique B. Lafuente que fué muy aplaudido.
D. Martín Gómez Abal, que asistió al acto, desde una tribuna levantada al efecto, pronunció emocionado breves palabras de agradecimiento, siendo objeto de una cariñosa manifestación de simpatía. Seguidamente se celebró en el Nuevo Club un banquete en honor del señor Gómez Abal, que se vió muy concurrido. La bella señorita Argentina Villaverde ofreció este homenaje siendo muy aplaudida. La banda municipal amenizó estos actos, con que los ex-alumnos del director del antigua Colegio de S. Agustín, le testimoniaron su reconocimiento por su labor pedagógica".

Como se pode ler no artigo anterior, Martín Gómez Abal foi mestre no Colexio de S. Agustín de Vilagarcía de Arousa e os seus ex-alumnos deciden facerlle unha homenaxe e como recordo do vello mestre colocar unha placa que encargan a Asorey. Na placa figura claramente: MARTÍN GÓMEZ ABAL, HOMENAJE DE SUS EX-ALUMNOS. Non está datada nin asinada pero a crónica do xornal e o estilo desta remiten claramente á man de Asorey.


O xornal vilagarcián Galicia Nueva, fala varios días da homenaxe que se vai facer. Así no xornal do día 14-10-1926 fálase da placa de Asorey e coméntase que "estuvo ayer [Asorey] en esta ciudad para dirigir la fundición de la misma que se llevó a cabo en los acreditados talleres del señor Alemparte". A homenaxe ao mestre ten lugar o domingo 18 de outubro de 1926. No acto de descubrimento da placa falan varios oradores. D. Rosendo Barreiro (ex-alumno) di:

"En la placa que el artista cinceló para perpetuar este acto hay figuras que son como el símbolo de la representación que ostento; vi un árbol cuya sabia se nutre de el libro de la ciencia y me sugirió la idea de que éramos nosotros los últimos frutos de aquel árbol; vi un sol del que nosotros habíamos percibido sus últimos destellos, pero hay un joven que ostenta en su mano una corona de gratitud y nosotros no podíamos dejar de estar representados en este joven, por eso estoy aquí. Pero para mi no serían suficientes las palabras si supiera manejar el buril, si supiera plasmar en materia mis ideas, modelar una matrona que simbolizase la voluntad sosteniendo la figura del maestro, porque de sus virtudes fue esta la predominante". Galicia Nueva, 19-10-1926, pax. 3

Na páx. 4 dese mesmo xornal, aparece o título: LA LÁPIDA

"Es una obra de gran valor artístico como corresponde al artista que la avalora con su firma. Paco Asorey, el artista laureado, el escultor consagrado poco ha una primera medalla en la exposición nacional de bellas artes, supo interpretar el sentimiento de los ex-alumnos de don Martín, y en un pedazo de bronce plasmó en preciosa alegoría sus deseos. Sus lineas severas, su conjunto armonioso, toda ella denuncian el buril experto del maestro. En el centro presenta al sol ocultándose tras el mar y besando con sus resplandores la copa de un añoso árbol que asienta sus raíces en el libro de la ciencia; a la izquierda, un joven con el brazo extendido sosteniendo una corona de laurel y en la parte baja se lee la inscripción siguiente: "D. Martín Gómez Abal. Homenaje de sus ex-alumnos"

Rosendo Barreiro e o xornalista que fai este último apartado da lápida coinciden en ver unha árbore unida ao libro da ciencia. A "árbore" ten dous troncos e un elemento en horizontal ao que non se fai mención. Os troncos da árbore tampouco parecen estar unidos ao libro. Fálase tamén dunha coroa que sostén un xoven, que non é tal coroa senón un ramallo, de loureiro? ou de oliveira?. As interpretacións anteriores coinciden en explicar a imaxe como unha árbore que asenta as raíces no libro da ciencia. O noso amigo, o historiador e restaurador, Sindo Mosteiro (ver comentario inferior á entrada)  tamén vai nesa liña:

 "En canto ao significado simbólico dos elementos que compoñen a placa, eu diría que é unha alegoría da Educación e o Coñecemento, xa que se pode ver un emblema habitualmente utilizado en institucións educativas como é a árbore nacendo dun libro. A presencia do sol nacente é tamén habitual neste tipo de emblemas en relación con institucións educativas e investigadoras. Noutras ocasións tamén aparece Minerva como protectora da Sabedoría. O libro está aberto e por tanto ofrece o seu contido a quen o escruta e nel afunde as súas raíces a árbore que neste caso ten a peculiaridade de ser de dobre torada, polo que o significado se fai máis complexo. Entendo que aquí se fai referencia á existencia no Edén da árbore do coñecemento do ben e do mal, que era dobre, xunto coa árbore da vida. Esta árbore do Coñecemento aquí extrae do libro a súa materia que porta por medio dos toros cara as ponlas onde o deita en forma de follas e froitos."

O Diccionario de símbolos de J.E Cirlot explica o simbolismo da duplicación da árbore: "en el paraíso había el árbol de la vida, y también el del bien y del mal, o del conocimiento, y ambos estaban en el centro del paraíso (...) La transmutación del árbol, al ser afectado por el simbolismo del número dos, se refiere al paralelismo de ser y conocer (árbol de la vida y árbol de la ciencia)".

Sin rexeitar esas interpretacións anteriores, que parecen as máis axeitadas para unha placa en honra dun mestre, entra dentro do posible que o autor xogue con imaxes ambiguas.Como explicar o elemento horizontal que atravesa o dobre tronco? Pudera ser un dólmen?. Tampouco debe ser casual que o autor elixa un carballo. As follas de carballo son un motivo recurrente na súa obra que seguramente utiliza cunha función simbólica: o carballo é a árbore de Galicia. Estamos en 1926, Asorey gaña ese ano unha medalla de primeira clase na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid, coa súa obra o S. Francisco, que ten detrás un tronco de carballo. E presenta tamén "A Santa" (na que aparecen tamén follas de carballo sobre o xugo). Tamén nese ano ingresa no Seminario de Estudos Galegos, institución na que estaba a maior parte (senón todos) os intelectuais galegos da órbita nacionalista. Xunto a Asorey ingresa o seu amigo o artista modernista, Camilo Díaz Baliño. E na miña opinión o motivo do sol e o dólmen inspíranse nunha obra do seu amigo. Estamos en 1926, a amizade entre os dous artistas é estreita, é unha casualidade que apareza un dólmen e un sol detrás?. Non me parece que Asorey faga as cousas por casualidade, as súas obras están sempre moi pensadas... e cheas de símbolos. No ano de 1927 inaugúrase en Vigo un Monumento a García Barbón, emigrante galego en América que volve rico e fai numerosas doazóns á cidade. Pois ese monumento ten unha serie de elementos que admiten unha lectura relacionada coa industria e o comercio, pero tamén coa masonería, organización á que se afiliou en Cuba, José Manuel García Barbón.

Camilo Díaz Baliño, Fillos de Brigantia.
Este deseño servirá tamén para ilustrar os libros da editorial Lar que Leandro Carré e Ánxel Casal empezaron a publicar en 1924.

Capa da primeira obra publicada pola editorial Lar, vese a sinatura do autor na esquina inferior dereita
A figura do dólmen ou trilito, símbolo do pasado de Galicia, relaciónase tamén no ámbito nacionalista co mundo céltico. Asorey volverá a usalo no seu Monumento a Curros.

Francisco Asorey, Monumento a Curros, pedra de gran, A Coruña, 1928-34. Foto: Maribel Iglesias.
Cal é a interpretación correcta? A crítica da arte non é unha ciencia exacta precisamente, probablemente non é nin sequera unha ciencia e unha mesma obra pode dar lugar a diferentes interpretacións. Ás veces canto maior é a calidade da obra máis complexo é o seu significado. E as grandes obras de arte admiten moitas interpretacións. Cal é a correcta? tería que vir o mesmo artista a dicilo. Sin saber certo a opinión do artista, estamos dando opinións. E iso non é malo, resulta interesante que debatamos en torno ao significado dunha obra, iso fai que a analizemos e reflexionemos sobre ela.




Aparecen tamén nos lados da placa dúas figuras semi-núas, un home, cunha póla de loureiro? ou de oliveira?. E unha muller cun neno nos brazos. E paxaros no lado do home e  peixes no lado da muller. Os símbolos e as figuras alegóricas aparecen sempre na obra de Asorey. Non esquezamos que el formouse na tradición modernista-simbolista de finais do s. XIX e principios do XX. Hay pouca narración nas súas obras, pero infinidade de símbolos dos que ás veces é dificil saber o significado. Tamén aparecen figuras alegóricas nesta outra placa dedicada a Isidoro Bugallal,  feita con anterioridade, en 1916:


Tamén aparece a un lado un home, e unha muller cun neno no outro. Soen ser figuras núas ou semi-núas. E repítese a presenza de figuras alegóricas similares nos lados noutra placa de 1946, dedicada a Simeón García de la Riva:


 
Trátase polo tanto esta pequena placa en bronce dunha obra menor saída do obradoiro do artista pero en datas moi significativas para o autor e que nos reafirma na amizade con Camilo Díaz Baliño e a vinculación co ideario das Irmandades da Fala.

2 comentarios:

  1. Moi interesante o artigo, unha obra de bo estilo e dos mellores anos de Asorey. En canto ao significado simbólico dos elementos que compoñen a placa, eu diría que é unha alegoría da Educación e o Coñecemento, xa que se pode ver un emblema habitualmente utilizado en institucións educativas como é a árbore nacendo dun libro. A presencia do sol nacente é tamén habitual neste tipo de emblemas en relación con institucións educativas e investigadoras. Noutras ocasións tamén aparece Minerva como protectora da Sabedoría. O libro está aberto e por tanto ofrece o seu contido a quen o escruta e nel afunde as súas raíces a árbore que neste caso ten a peculiaridade de ser de dobre torada, polo que o significado se fai máis complexo. Entendo que aquí se fai referencia á existencia no Edén da árbore do coñecemento do ben e do mal, que era dobre, xunto coa árbore da vida. Esta árbore do Coñecemento aquí extrae do libro a súa materia que porta por medio dos toros cara as ponlas onde o deita en forma de follas e froitos, probablemente de prata e ouro, en alusión ao valor enorme do saber, tal e como indican os vellos lemas recollidos no Libro dos Proverbios:

    Moito mellor có ouro adquirir Sabedoría; preferible á prata mercar intelixencia (16:16).

    Ditoso o home que dá coa Sabedoría e o que vén dotado de discernimento, pois adquirila é de máis proveito cá prata e de máis ganancia có ouro (...) é a árbore da vida para os que a aferran, os que a reteñen son felices (3:13-18).
    Para determinar o que se quere contar colocando a dúas personaxes, unha feminina e outra masculina, enmarcando o tema principal, vai haber que usar a intuición, porque non está moi clara a intención. É posible que sexan simples arquetipos dos homes e mulleres representando á Humanidade, pero a presenza de elementos simbólicos fai pensar que se quere contar algo máis. A muller está representada como unha antiga matrona clásica cunha indumentaria que semella un manto deixando ver a parte superior do corpo espida e levando no seu brazo esquerdo a un neno pequeno espido. Para min o que máis se asemella son as representacións da Caridade, aínda que non son exactas (polo común a muller ofrece o peito ao neno e con frecuencia está acompañada doutro neno ou máis aos pés). En canto ao home, representado completamente espido, porta o que semella ser unha ponliña de oliveira, co que o máis normal sería que se estivese a representar un emblema da Paz. Non descarto outras interpretacións pero agora mesmo creo que pode ser o máis probable.

    En canto a eses dous grupos de animais, mariños e voadores, estou rompendo a cabeza pero aínda non sei cal é a súa función aquí, salvo que sexa puramente decorativa, que non descarto, aínda que sería algo raro tendo en conta que o resto dos elementos teñen algo que contar.

    O que dis de que se toma como referencia a obra de Camilo Díaz Baliño, non descarto que o tivese presente, pero hai que ter en conta que todos estes elementos simbólicos en relación ao coñecemento (sol, árbore, libro) xa estaban establecidos desde moito tempo atrás e cadran perfectamente co obxecto da dedicación a un profesor.

    Un saúdo Maribel.

    ResponderEliminar